embellecedor Compañía Nacional de Danza. Director artístico: Nacho Duato. enlace a biografía de Nacho Duato enlace a la presidencia de gobierno de españa enlace al ministerio de cultura
 Nacho Duato
Nacho Duato

 
ELENCO
embellecedor

enlace a Facebook de Nacho Duato
Naceu en Valencia. Comezou a súa formación profesional na Rambert School de Londres, ampliou os seus estudos na Mudra School de Maurice Béjart en Bruxelas e completou a súa formación en Nova York en The Alvin Ailey American Dance Centre. En 1980 Nacho Duato asinou o seu primeiro contrato profesional co Cullberg Ballet (Estocolmo) e, un ano despois, da man de Jirí Kylián, ingresou no Nederlands Dans Theater, compañía da que foi nomeado coreógrafo estable, xunto a Hans van Manen e Jirí Kylián, en 1988. Polos seus éxitos como bailarín recibiu en 1987 o VSCD Gouden Dansprijs (Premio de Ouro da Danza). A súa primeira coreografía, Jardí Tancat (1983), con música de María del Mar Bonet, gañou o primeiro premio no Internationaler Choreographiscer Wettbewerb (Concurso Coreográfico Internacional) de Colonia. Os seus ballets forman parte do repertorio das máis prestixiosas compañías de todo o mundo, entre as que se encontran o Cullberg Ballet, Nederlands Dans Theater, Les Grands Ballets Canadiens, Ballet de la Ópera de Berlín, Australian Ballet, Stuttgart Ballet, Ballet Gulbenkian, Finnish Opera Ballet, San Francisco Ballet, Royal Ballet e American Ballet Theatre.
En 1995 recibiu o grado de Cabaleiro da Orden das Artes e as Letras que concede a Embaixada de Francia en España.En 1998, o Consello de Ministros premioulle coa Medalla de Ouro ó Mérito das Belas Artes.En abril de 2000 recibiu na Ópera de Stuttgart un dos premios internacionais de coreografía máis prestixiosos, o Premio Benois de la Danse, na súa IX edición, que outorga a International Danse Association, por Multiplicidad. Formas de Silencio y Vacío (1999). É Premio Nacional deDanza 2003 na modalidade de Creación.
Dende xuño de 1990, invitado polo Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música do Ministerio de Cultura español, Nacho Duato é Director Artístico da Compañía Nacional de Danza.

embellecedor